Copyright © 2008 Jérôme Guelfucci
Copyright © 2004-2007 Brian Tarricone
Copyright © 2004 Jasper Huijsmans
Copyright © 2004 François Le Clainche
Copyright © 2009. Leandro Regueiro (leandro.regueiro@gmail.com)
Índice
O aplicativo xfdesktop
xestiona o fondo de escritorio. Define unha imaxe e/ou cor de fondo e mostra un menú de aplicativos e unha lista de todos os aplicativos en execución cando preme no escritorio co botón dereito ou central do rato respectivamente. En Xfce 4.4, xfdesktop
tamén debuxa as iconas do escritorio.
O paquete xfdesktop
instala un diálogo de configuración que usa o Xestor de configuración de Xfce 4. Dende este diálogo pode cambiar a configuración da imaxe e maila cor de fondo e tamén a configuración do menú e da lista de xanelas.
xfdesktop
é responsable de debuxar a imaxe do fondo do escritorio. Hai varias opcións para configurar unha imaxe de fondo. A imaxe final que se verá no monitor está composta por unha cor sólida ou un degradado, e unha imaxe ou foto (podendo ser transparente) superposta á cor ou degradado. Isto permite obter algúns efectos interesantes usando imaxes semitransparentes enriba de diferentes cores.
Ademais de mostrar a imaxe de fondo, xfdesktop
pode mostrar iconas no escritorio.
Un modo de operación mostra os aplicativos minimizados como iconas no escritorio, as cales se poden reordenar, e que lembrarán as súas posicións aínda cando a xanela se mostra e despois se volve minimizar. As iconas tamén proporcionan un menú accesible ao premer co botón dereito nelas semellante ao menú de control das xanelas ao que se accede ao premer o botón situado na esquina superior esquerda da xanela.
xfdesktop
tamén pode mostrar no escritorio o contido do cartafol $XDG_DESKTOP_DIR
, o cal se pode configurar no ficheiro $XDG_CONFIG_HOME/user-dirs.dirs
(se non ten este ficheiro, usarase $HOME/Desktop
). Os ficheiros poden ordenarse, copiarse, moverse, e enlazarse dende e a un xestor de ficheiros, e abrirse usando os aplicativos preferidos. Os iniciadores de aplicativos e URLs tamén se poden crear no escritorio. A vista de iconas de ficheiro modelouse para ter unha aparencia semellante á do xestor de ficheiros Thunar.
Ao premer co botón dereito do rato na imaxe de fondo do escritorio ábrese un menú que lle permite abrir unha xanela de Thunar no directorio Escritorio, crear iniciadores, ligazóns a URL, cartafoles e ficheiros a partir de modelos. Tamén é posible abrir a Configuración do escritorio e a xanela de Propiedades do directorio Escritorio e iniciar moitos dos aplicativos que se atopan no sistema.
O ficheiro de configuración do menú, xfce-applications.menu
, pode atoparse en $sysconfdir/xdg/menus/xfce-applications.menu
. Para os paquetes binarios, $sysconfdir
é a miúdo /etc
e para as compilacións dende código fonte, é por defecto /usr/local/etc
.
O anterior editor de menú xa non está dispoñible. Aínda así poderá personalizar o menú copiando xfce-applications.menu
a $XDG_CONFIG_HOME/menus
e modificándoo cun editor de texto como mousepad
ou gedit
. Lembre que o ficheiro debe estar codificado en UTF-8. Para obter máis información sobre a edición do menú, consulte a wiki de Xfce.
Pode conseguirse unha maior personalización creando entradas desktop en $XDG_DATA_HOME/applications
para ocultar, modificar ou engadir entradas ao menú.
Ao premer co botón central no fondo de escritorio móstrase unha lista de todas as xanelas abertas ordenadas por espazo de traballo. Tamén permite engadir ou eliminar un espazo de traballo.
Pode iniciar o diálogo de configuración do escritorio premendo no botón "Escritorio" no Xestor de configuración de Xfce.
A lapela Fondo permítelle definir varias opcións relacionadas co debuxo da imaxe de fondo do escritorio.
Seleccione a opción "Ningún" se desexa que xfdesktop
ignore a imaxe de fondo e só use as cores seleccionadas.
Seleccione a opción "Imaxe única" se desexa que xfdesktop
mostre unha imaxe como fondo de escritorio.
Seleccione a opción "Lista de imaxes" se desexa que xfdesktop
seleccione aleatoriamente a imaxe de fondo de escritorio entre todas as imaxes da lista.
Se seleccionou a opción "Imaxe única" poderá escoller unha imaxe na vista de árbore. Prema nunha imaxe para definila como fondo de escritorio actual. xfdesktop
actualizará o fondo de escritorio automaticamente.
Pode engadir imaxes á vista de árbore premendo no botón "máis", o cal mostrará un diálogo emerxente de selector de ficheiros. As imaxes eliminarse premendo no botón "menos".
Se seleccionou a opción "Lista de imaxes", poderá usar o botón "Novo" que ten unha folla en branco para seleccionar unha lista existente ou crear unha nova, usando un selector de ficheiros. Tamén poderá usar aínda os botóns "máis" e "menos" para engadir e eliminar imaxes. Despois xfdesktop
escollerá de xeito aleatorio un fondo de escritorio entre as imaxes desta lista cada vez que se inicie.
Hai cinco opcións de estilo dispoñibles para especificar o axuste da imaxe de fondo na pantalla, dependendo do seu tamaño ("Centrada", "Mosaico", "Estirada", "Escalada" e "Ampliada"). Tamén pode seleccionar o elemento "Automático" se desexa deixar que xfdesktop
se ocupe desta opción.
xfdesktop
soporta os modos xinerama e multipantalla. No modo multipantalla, a lapela Fondo mostra unha lapela por pantalla.
O estilo de cor é unha das catro opcións da lista despregable: cor sólida, degradado horizontal, degradado vertical, ou transparente.
The "Transparent" option, when you use a colored background without backdrop image, allows you to see the windows that are under the transparent desktop window. This requires an activated compositor.
Dous botóns de cores permítenlle escoller as cores do escritorio. Cando se selecciona a opción de cor sólida, só está dispoñible a primeira cor. Cando se seleccionan as opcións de degradado, están dispoñibles tanto a primeira cor como a segunda cor. Ambos os dous botóns de cor abren un diálogo de selección de cor:
Pode usar o anel de cores co triángulo dentro para seleccionar a cor que desexe do anel exterior, e seleccionando despois a cor exacta co triángulo interior. Os valores correspondentes de brillo, profundidade, e cantidade de vermello, verde e azul da cor aparecen nas entradas do lado dereito da xanela.
Pode premer no contagotas, e despois en calquera parte da pantalla para seleccionar a cor.
Pode introducir un valor de cor hexadecimal do estilo de HTML, ou simplemente un nome de cor na entrada "Nome de cor".
As cores seleccionadas enchen toda a xanela raíz, e permanecerán visibles a través dunha imaxe de fondo transparente.
As dúas barras deslizantes permítenlle axustar o brillo e a saturación da imaxe de fondo e/ou da cor de fondo.
Se marca a opción "Mostrar o menú de aplicativos ao premer co botón dereito no escritorio" mostrarase o menú de aplicativos cando prema co botón dereito no escritorio.
"Mostrar as iconas das aplicacións no menú" permítelle mostrar ou ocultar as iconas no menú.
Se marca a opción "Mostrar o menú da lista de xanelas ao premer co botón central no escritorio", mostrarase o menú de listas de xanelas cando prema co botón central do rato no escritorio.
A opción "Mostrar iconas dos aplicativos no menú" permítelle mostrar ou ocultar as iconas no menú. Esta opción só está dispoñible cando se marca "Mostrar o menú de lista de xanelas ao premer co botón central no escritorio".
A opción "Mostrar os nomes dos espazos de traballo na lista" permítelle mostrar ou ocultar os nomes dos espazos de traballo na lista. Se está marcada, as xanelas móstranse baixo o nome do seu espazo de traballo. Noutro caso mostraranse todas elas na mesma parte do menú. Esta opción só está dispoñible cando se marca "Mostrar o menú de lista de xanelas ao premer co botón central no escritorio".
A opción "Mostrar os submenús das xanelas en cada espazo de traballo" permítelle mostrar as xanelas nun submenú co nome do espazo de traballo. Esta opción só está dispoñible cando se marca "Mostrar os nomes dos espazos de traballo na lista".
A opción "Mostrar as xanelas persistentes só no espazo de traballo activo" permítelle mostrar as xanelas persistentes só no espazo de traballo activo, en vez de mostralas en todos os espazos de traballo.
The "Icon type" dropping list allows
you to set the behavior of the desktop icons. There are
three options: "None", to disable desktop icons entirely;
"Minimized" application icons, to show icons for
minimized or hidden applications on the desktop;
and "File/launcher" icons, to show the contents of your
$XDG_DESKTOP_DIR
directory on the
desktop.
Se se activan a iconas no escritorio, pode controlar o tamaño das iconas (en píxels) ca opción "Tamaño das iconas", e o tamaño do tipo de letra usado para mostrar o texto das iconas (en puntos) ca opción "Usar tamaño de tipo de letra personalizado". Se non marca esta última opción usaranse as predefinicións do sistema.
As caixas de verificación permítenlle mostrar ou ocultar iconas especiais no escritorio. cando se define que xfdesktop
debe debuxar as iconas. Ao facer dobre clic nesas iconas abrirase unha xanela de Thunar mostrando o contido dunha ruta particular.
Cartafol persoal é o seu cartafol persoal, é dicir, $HOME
. Sistema de ficheiros é a raíz do sistema de ficheiros, tamén coñecida como /
. Lixo é o colector de lixo, e Dispositivos extraíbles representa ás disqueteiras, unidades e memorias, discos duros externos, discos ópticos, etc.
Hai un certo número de opcións ocultas que non se poden definir usando o Xestor de configuración de Xfce. A modificación de ditas opcións require o uso dun editor de texto.
As cores do texto das iconas e do fondo do texto das iconas, así como a opacidade do fondo do texto das iconas, pode personalizarse poñendo directivas similares ás seguintes no ficheiro ~/.gtkrc-2.0
:
style "xfdesktop-icon-view" { XfdesktopIconView::label-alpha = 75 base[NORMAL] = "#00ff00" base[SELECTED] = "#5050ff" base[ACTIVE] = "#0000ff" fg[NORMAL] = "#ff0000" fg[SELECTED] = "#ff0000" fg[ACTIVE] = "#ff0000" } widget_class "*XfdesktopIconView*" style "xfdesktop-icon-view"
A primeira entrada define a opacidade do fondo do texto redondeado. As tres entradas "base" definen a cor de fondo, e as tres entradas "fg" definen a cor do texto.
The "NORMAL" entries set the color for the regular, unselected state. The "SELECTED" entries set the color for when the icon is selected, and the desktop has keyboard focus. The "ACTIVE" entries set the color for when the icon is selected, but the desktop does not have keyboard focus.
Tamén pode abrir o menú ou a lista de xanelas dende a liña de ordes. Isto pode ser útil para os atallos de teclado. Para abrir o menú execute a orde xfdesktop
--menu
, e para abrir a lista de xanelas use xfdesktop
--windowlist
. Para saír da instancia en execución actual, execute xfdesktop
--quit
.
xfdesktop
foi escrito por Brian Tarricone (<kelnos@xfce.org>
), Jasper Huijsmans (<jasper@xfce.org>
), e Benedikt Meurer (<benny@xfce.org>
). Para obter máis información visite o sitio web de Xfce.
Para comunicar un erro ou facer unha suxestión sobre esta aplicación ou este manual, use o sistema de seguimento de erros en http://bugzilla.xfce.org/.
Se ten preguntas sobre o uso ou instalación deste paquete, pregunte na rolda de correo xfce. A discusión do desenvolvemento realízase na rolda de correo xfce4-dev.
Este programa distribúese baixo os termos da Licenza Pública Xeral de GNU tal como a publicou a Free Software Foundation; xa sexa a versión 2 de dita Licenza, ou (se o desexa) calquera versión posterior.
Debeu recibir unha copia da Licenza Pública Xeral de GNU xunta con este programa; en caso contrario, escriba á Free Software Foundation, Inc., 59 Temple Place, Suite 330, Boston, MA 02111-1307 USA